Saltar navegación

Traballando con audio

Localiza o tipo de música que aparece na película a partires dos datos que podemos conseguir coa imaxe da carátula. Autor, discográfica e título do álbum. Onde conseguilo hoxe nunha tenda física e dixitalmente. Custe e tipo de licencia.
Produción e Gravación dun programa de radio na que interveñan polo menos 3 apartados dos seguintes:

  • Contactar co dono dos dereitos da música de dita película para solicitar utilizala.
  • Momento histórico do que se fala na película.
  • Recordatorio da música desa época.
  • Realizar unha entrevista na rúa para realizar un estudo nunha poboación
  • Debate na radio
  • Propostas musicais
  • Conecta co público.
  • A radio e as redes sociais.