A gravar!
Que necesitas saber para gravar?
Gravar sons é un proceso que implica que debe existir outra cualidade: o silencio.
Gravar a voz humana implica, ademais, unha mensaxe que debe comunicarse, unha intención que ultima a voz e a entonación para imprimir carácter ao mensaxe.
Cando ademais gravamos música, ben para a voz ou para outros instrumentos, necesitamos que a sonoridade do produto final permita deleitarse con todos os participantes e transmitir esa melodía que debe soar limpa e armoniosamente.
Que é necesario ter a man para gravar?
Dende logo hoxe cun simple smartphone ou teléfono intelixente podemos realizar gravaciones que, hai pouco tempo, serían impensables de executar.
O noso teléfono intelixente deberá contar cun procesador de última (ou penúltima) xeración se queremos que o proceso de gravación non se vexa perxudicado con limitacións técnicas do dispositivo que leven a saltarse microsegundos ou recoller de forma pouco sensible o audio.
Terás que saber algúns conceptos, como por exemplo averiguar en que se mide o audio ou que parámetros existen para determinar que un audio ten “calidade”.
Propoñémoste que busques cuestións como Hz o dB ou dito doutro xeito: hercios e decibelios.
Actividade
É un bo momento para que fales co teu profesor ou profesora de física e fagades algún experimento sobre captación de sons dentro e fóra da aula. Busca información e respostas ás seguintes preguntas:

Micrófonos
Tamén terás que coñecer elementos técnicos necesarios como o micrófono, os tipos de cableado máis comúns a usar, a onda, pistas de audio, diferentes formatos de arquivo máis usados, efectos de son, MIDI, bucles… e tantas cousas coas que podes disfrutar construíndo hoxe en día a túa propia música ou simplemente gravando.
![]() |
Micrófono e a gravación de audio. Hoxe en día os máis comúns son os que utilizan a entrada canon como a que vedes nesta imaxe. Aínda que coa chegada do mundo dixital e reducindo custes, as diferentes marcas achegaron as conexións como o USB (a mesma que soe haber nos ordenadores) ou Lightning para dispositivos iOS que permite a combinación de instrumentos reais como guitarras, teclados, mesas de mestura. |
Pxhere (Dominio público)
|
Apps para gravar
As aplicacións de creación musical teñen un uso bastante sinxelo. Aínda así tes parámetros que che permiten controlar como soará: aplicar efectos de audio,modificar a onda de audio, ou o seu balance, etc. Observa neste vídeo cal é o resultado con Garageband para dispositivos móbiles.
![]() |
Utilizando aplicacións dixitais: Como Audacity (software de código libre), Garageband, Fruity Loops, Rebirth, Logic Pro por poñer diferentes exemplos, a creación musical está nas mans do gran público permitindo o uso de bucles de sons (coñecidos como loops) prefabricados que colocamos en diferentes pistas para que, cando reproducimos a peza, o dispositivo fai soar cada unha delas superpoñendo no tempo as diferentes notas, instrumentos, efectos… |
Pensa nisto
Que ten de particular cando gravamos a voz nunha explicación de audio?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0

