Saltar navegación

Podcasteando

Un paso adiante

Existen moitas opcións para crear un programa de audio en formato podcast.

A palabra podcast en si mesma proven da unión de iPod e broadcast, e foi un termo acuñado polo periodista do diario inglés The Gardian Ben Hammersley nun artigo de 2004 no que incidía no barato que resultaba poder producir e distribuir programas de radio constituíndo unha gran plataforma para a difusión de contidos cunha alta conexión entre o productor e o receptor do contido, chegando incluso á posibilidade de convertirse en suscriptor e recibir automáticamente os novos programas que poden ser escoitados cando o suscriptor o desexe.

Posteriormente Adam Curry adaptou o formato RSS de sistemas de difusión das cabeceiras de novas na Rede para introducir etiquetas e arquivos adxuntos. Deste xeito poden incluirse notas, subtítulos, etc.

No seguinte vídeotitorial imos amosar como crear un podcast de audio con Spreaker cun dispositivo móbil, dende a gravación, pasando pola difusión e almacenamento na Rede.