Saltar navegación

O poder do silencio

Situación

A radio, ese invento que nos acompaña dende hai casi un século, permite enviar mediante ondas electromagnéticas o audio que se decodifica noutro instrumento que as recibe e emite a través dun altofalante. Pero, esas mensaxes que enviamos a través do audio requiren dun achegamento especial, falamos para alguén que non nos pode ver, así que terás que poñer toda a intención comunicativa en tres apartados:

O tipo de linguaxe

O tipo de linguaxe que utilizas na túa mensaxe (recorda que o oínte non está ante ti e non poderás usar frases tan típicas nos nosos diálogos como “faise así”, “colle isto” ou “pulsa aquí”…). Así que comeza por ampliar o vocabulario e a construcción de frases máis ricas, elaboradas e técnicas.

Entonación e velocidade

A entonación e velocidade coa que xeras a túa comunicación. Non estamos moi acostumados a crear mensaxes nos que teñamos que facer especial fincapé nestes elementos e cústanos un pouco axeitarnos a eles. É esencial que a nosa entoación estea acorde á mensaxe, recalcar a forza naquelas partes que o necesitan imprimirá carácter á nosa mensaxe. A velocidade é igualmente importante. Se falas demasiado rápido, a túa mensaxe non chegará con claridade, e ao contrario, se é demasiado lento perderá forza e interese.

Silencio

O último dos elementos que, curiosamente, non existen na radio é o silencio. Nos programas de radio deberás evitar longas pausas de silencio. Lembra que no audio non hai máis apoio que o que se oe, polo que se a priori non traballas ben este apartado cos teus compañeiros, pode dar lugar a momentos tensos nos que reina o silencio e, é nese preciso instante, onde parte da mensaxe perde “calidade”.

Lembra, hoxe en día podes crear a túa propia plataforma de streaming.

 

Formatos de arquivos de audio



Streaming