Lusofonia
Madeira
En 2016 o Proxecto Regueifesta viaxou á illa de Madeira para coñecer o seu improviso. Alí o desafío improvisado en verso chámase despique e é moi popular. En Funchal coñecemos Mário André, un improvisador e investigador da música tradicional. E esta foi a improvisación que cantou para nós, acompañado á flauta polo lutier Carlos Jorge:
Vou cantar uma cantiga,
uma cantiga singela,
e ela vai para a Galiza
que é uma terra tão bela!
Que é a terra de Rosalia
e terra de boa gente,
e aquí fica este bailinho
dum madeirense contente.
E o canto improvisado
é uma coisa tão bonita,
é coisa que eu gosto muito
pela qual eu dou a vida.
E vou cantar este bailinho
assi com muita alegria
e vou dar com um beijinho
para a tua filha Maria...
E aquí deste cantador
que da por nome de André
ai, um beijinho para Estrela
e também para Maré.
Aqui podes olhar e ouvir o vídeo:
No seguinte vídeo, Erika Silva, unha alumna que está aprendendo a improvisar, explica en vinte segundos que é o despique:
E o terceiro vídeo que trouxemos da Madeira, un despique que gravamos na vila da Camacha, con João Francisco Martins, de 11 anos, máis Humberto Jesus, João Luís Teixeira Martins e Marisa Sá, que envían estes despiques para a Galiza. Pertencen ao grupo "Romarias Antigas do Rochão". A esta festa con improviso e diferentes instrumentos, que case sempre nacen espontaneamente nas rúas, chámaselle "bailinho".
No primeiro vídeo fala Roberto Moniz, profesor de cordofones e repentista. Roberto xa estivo na Galiza facendo despiques e está a formar as novas xeracións do improviso da Madeira.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0