Saltar navegación

Curdistán e mais ala!

O Curdistán é o maior pobo sen estado no mundo, son máis de 40 millóns de persoas a vivir en varios estados -como Turquía, Iraque ou Irán- que non recoñecn o seu direito á autodeterminación. É un pobo que vive a guerra e a represión de forma sistemática, cunha historia de prohibición da lingua curda e de violencia continua contra a populación. Moitos improvisadores curdos morreron na guerrilla ou acabaron nos cárceres ou no exilio.

O canto improvisado do Curdistán chámase “dengbej”. Os seus temas máis habituais son o heroísmo, a natureza ou o amor. E as súas fontes son lendas, contos, historias. Non posúen regras ríxidas. Os seus versos poden ser de dúas palabras... mais tamén poden ter máis de sesenta! Iso si, ao improvisar o máis importante é non perder o ritmo da melodía.

O povo curdo mantivo a súa identidade grazas, en grande parte, á súa tradición oral. Os dengbej eran tradicionalmente artistas viaxeiros que ían de aldea en aldea, de cidade en cidade.

Así describe o xornalista curdo Rahmi Batur como era o dengbej tradicional:

“O encontro casual de dous improvisadores é unha festa. Compiten como dous boxeadores furiosos na area. Ás veces estes desafíos poden durar dous días. Tamén hai veces que algúns improvisadores novos con moita confianza na súa voz, queren demostrar o seu talento, buscan camiños de encontro cun xa coñecido. Queren cantar en presenza del, con el. Os novos intentarán que o mestre consagrado aprecie a súa voz, a súa interpretación, mais sen lle faltar ao respeito en ningún momento. “

Nos anos noventa do século pasado, editáronse numerosos Cds de música de dengbej. Mais actualmente, o dengbej, a canción improvisada en verso no Curdistán, está en perigo de extinción.

O Concelho de Amed, a capital do Curdistám no estado turco, está financiando a “Casa dos Dengbej”, a modo de atracção turística. Nesse caso quase sempre são homens quem cantam em público, em quanto o canto improvisado nas casas, segue a ser mais feminino.