Saltar navegación

2. Deseño dun curso Platega

Para o deseño correcto dun curso virtual ---ou de calquera obxecto de aprendizaxe, itinerario curricular, ou secuencia didáctica--- é necesario tomar un conxunto de decisións de diferente tipo e respectando a secuencia lóxica, progresando de abaixo a arriba... sen empezar a casa polo tellado.

As decisións tomadas condicionarán todo o proceso de planificación, creación e xestión  do curso. Canto máis claras teñamos as ideas referentes a estas decisións menos paus de cego daremos, menos veces teremos que rectificar traballos xa feitos, maior será a coherencia pedagóxica do curso virtual... Pois ben, comecemos...

Imaxe do proceso de debuxo dun rostro humano.
Imaxe do proceso de debuxo dun rostro humano. Agustín Carracedo CC BY-SA  Imaxe xerada a partir de How to Draw the Female Face,
vídeo de Juan Solorzano en Youtube Licenza Youtube estándar 

O deseño e creación dun curso virtual é un proceso reiterativo, de darlle voltas engadíndolle cousas novas, eliminando outras, reordenando... Comeza trazando as  liñas xerais do proxecto arredor das cales se vai materializando o produto final. Estas liñas iniciais xerais ---similares aos trazos das primeiras figuras do debuxo--- condicionan a elaboración e vanse diluíndo, esvaendo a medida que o produto madura pero seguen estando aí, aínda que non se vexan.
Pois ben, estas "decisións" equivalen a eses grosos trazos iniciais que configuran e dan forma. A creación avanza engadindo novos compoñentes, madurando os xa existentes, matizando aquí e alá... un proceso en espiral.

Documentación e recursos para deseñar e crear un curso Platega

A documentación e materiais necesarios para deseñar e crear un curso Platega están dispoñibles no Espazo de apoio á CREACIÖN de cursos:

  • Espazo de apoio á CREACIÓN de cursos Platega, ao que poderás acceder para consultar información, aclarar dúbidas… Atoparás toda a información e recursos necesarios para deseñar e crear un curso Platega.

  • Protocolo para crear / remodelar cursos
  • Deseñar cursos Platega, directrices, información que debes coñecer e consultar cando sexa necesario. Atoparás aquí orientacións para deseñar o curso así como as directrices necesarias para orientar o traballo de creación do curso.

  • Especificacións dun curso Platega, unha  lista de cotexo coas especificacións ou características que debe ter un curso Platega na que podes anotar as especificacións que cumpre o teu curso.

  • Creación / Remodelación de cursos Platega. Temáticas preferentes. Temáticas acordes coas liñas estratéxicas da formación do profesorado galego.
  • Arquivos editables para esbozar e para deseñar cursos Patega, en formatos odt e docx
  • Modelo de cursos Platega, (para visualizalo preme na ligazón anterior e entra como convidado co contrasinal “modelo”) Para crear un curso solicita unha copia deste modelo ao Departamento de Educación dixital do CAFI. Este Modelo de cursos inclúe todos os elementos comúns aos cursos Platega. É unha maqueta, un modelo baleiro de contidos preparado para enchelo cos contidos, actividades, tarefas etc. Edita os ítems que xa contén o modelo pero non os suprimas.

  • Modelo para crear a Guía do curso. Descarga este modelo para elaborar a Guía do teu curso Platega no Espazo 1 > Crear

     

Webgrafía

A. Sangrá (coordinador), L. Guàrdia, X. Mas e C. Girona,Os materiais de aprendizaxe en contextos educativos virtuais. Pautas para o deseño tecnopedagóxico.” [En liña]. Dispoñible: http://vicprof.uvigo.es/opencms/export/sites/vicprof/vicprof_gl/documentos/cursos2015/Sangra.pdf. [Consulta: 20-maio-2017].

  • Apartados recomendados
    • 1.4. Indicadores de calidad en un curso en línea.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)