Outros recursos
Coros galegos
Denomínanse coros galegos a algúns grupos corais de diversos tipos aparecidos dende finais do século dende finais do século XIX ata mediados do século XX, caracterizados por basear a súa estética, estilo musical e repertorio na música tradicional galega.
Historia[editar | editar a fonte]
A creación dos coros galegos hai que enmarcala dentro dun movemento musical moito máis amplo chamado coralismo, que ten lugar en Europa ao longo do século XIX e que ten como piares a popularización da interpretación vocal musical e, en certos casos, a reivindicación da música popular. Este último punto resulta fundamental nos coros galegos, que se diferencian dos orfeóns na súa reivindicación dunha estética enxebre.
Malia o seu repertorio ser de orixe tradicional, a interpretación pasaba por unha harmonización previa. Os coros foron transmisores dunha cultura que tiña orixe nunha sociedade rural pero que se transmitía a unha sociedade urbana, xurdida do desenvolvemento económico.
A procura do enxebrismo tamén tiña reflexo na posta en escena: os intérpretes aparecían en escena cun traxe tradicional. Aínda que idealizando a estética escénica e musical (provocado polas ideas da época e a necesidade comercial), non diminúe a calidade artística que acadaron e o papel de xeradores de identidade nacional que tiveron na súa época.
Cronoloxía dos coros galegos[editar | editar a fonte]
- Orfeón Coruñés, fundado por Pascual Veiga.[1]
- Orfeón brigantino, fundado por Pascual Veiga.[1]
- Orfeón Pacheco, fundado por Pascual Veiga.[1]
- Orfeón Eco da Coruña, fundado por Pascual Veiga.[1]
- Perfecto Feijoo funda Aires da Terra na cidade de Pontevedra. Este é considerado como o primeiro coro galego, inda que recentes investigacións subliñan a probable existencia doutros coros. [2]
1---
- Fundación en Ferrol do Real Coro Toxos e Froles, que parece estar relacionada co interese do gaiteiro Manuel Lorenzo Barxa por crear unha agrupación á imaxe e semellanza do primeiro coro galego, Aires d'a Terra. Tamén se debe considerar a existencia da agrupación ferrolá Airiños d'a miña Terra como o seu precedente inmediato e máis próximo.
- Agrupación Artística de Vigo: fundada o 15 de abril. Coro popular, cadro de declamación e orfeón.
- O 28 de decembro fórmase na Coruña o coro Cántigas da Terra. O 25 de setembro de 1922 o grupo, inicialmente formado exclusivamente por homes, actuou na praza de touros de Corcubión e incluíu seis mozas vestidas co traxe típico da Mariña, que cantaron no Coro xunto con vinte e tres homes.
- Foliadas e Cantigas, en Pontevedra.
- Agarimos da terra, de Mondariz.
- Coro De Ruada en Ourense (fundadores: Xavier Prado Rodríguez, Virxilio Fernández González, Xulio Prieto Nespereira, Fabriciano Iglesias Abella e Cesáreo Eire Santalla)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Diccionario de la música española e iberoamericana, Tomo IV, p.26 (Entrada Coros, de Ferrer, Nagore)
- ↑ Tato Fontaíña, Laura; O teatro galego e os coros populares (1915-1931)
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Alonso, Carmen (5 de setembro de 2010). "Catro piares da cultura galega" (PDF). Diario de Ferrol: 34–35. Consultado o 6 de outubro de 2010.
- Carteis de diversas edicións do Ciclo de Coros Históricos, organizado por Cántigas da Terra e centrado nos catro coros galegos nacidos a comezos do século XX que seguen activos a comezos do século XXI: o Toxos e Froles de Ferrol, o propio Cántigas da Terra da Coruña, a Coral de Ruada de Ourense e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 3.0