Saltar navegación

Cantar ao Entroido

Letras para Entroido

Coas novas letras escrita no encerado, cantar a «Foliada da Montaña» para Entroido.

A miña muller é vella,

de vella caeull'o coiro

hei de facer un pandeiro

para correr o Antroido.[1]

Cando o Antroido morreu

levárono á enterrar,

botáronlle pouca terra

volveu á resucitar.[3]

Adiós, martes d'Antroido,

adiós, meu amiguiño,

hasta domingo de Pascua

xa non como máis touciño.[2]

Tódalas vellas se casan,

miña nai, polo Antroido.

Tódalas vellas se casan:

quedo eu pra varredoiro![4]

[1] Xosé Pérez Ballesteros, Cancionero Popular Gallego y en particular de la provincia de La Coruña (Madrid: Est. Tip. De Ricardo Fé, 1886), 1:62.

[2] Ibíd., 2:137.

[3] Ibíd., 2:169.

[4] Ibíd., 3:66.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 3.0