«Así fan os bailadores».
Introdución
Aínda que nesta unidade bailaremos unha danza orixinaria de Brasil que, co tempo, tense incorporado aos nosos bailes infantís, en xeral falaremos da muiñeira e doutros bailes e danzas galegos. Como instrumento de exemplo trataremos nesta ocasión da gaita galega, altamente representativa do noso folclore. Finalmente, bailaremos dúas danzas europeas, unha delas con agrupamentos de mentores, ensinado polo noso alumnado aos máis pequenos do centro.

Ligazón ao pdf desta UDI 5
Obxectivos
Nesta UDI contribuiremos á consecución dos seguintes obxectivos, establecidos no DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia:
b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.
d) Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade nin por outros motivos.
j) Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais e audiovisuais.
k) Valorar a hixiene e a saúde, aceptar o propio corpo e o das demais persoas, respectar as diferenzas e utilizar a educación física e o deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social.
m) Desenvolver as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas e de discriminación por cuestións de diversidade afectivo-sexual.
o) Coñecer, apreciar e valorar as singularidades culturais, lingüísticas, físicas e sociais de Galicia, poñendo de relevancia as mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e á sociedade galegas.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 3.0