Saltar navegación

Repasar Zapateiro Danés

Compás: 2/4. Posición: corro de parellas cara a cara co neno ao interior e a nena ao exterior.

A.- Co puño dereito faise o xesto de lear un nobelo arredor do puño esquerdo estendido á altura do peito. A man vírase seguindo a música, tres veces cara a fóra (un compás), tres cara a dentro (un compás). A continuación pasan a man dereita aberta pola coxa dereita, igual para a esquerda (unha negra para cada unha), máis tres golpes de puño dereito sobre o esquerdo no esquema dúas corcheas negra  (outro compás). O baile simula coser o zapato para arranxalo, limpalo e golpear un cravo solto que lle quedou.
B.- Tomados polas mans abaixo, brincan cara á dereita catro compases con punto final e retoman á posición inicial ao repetir cara á esquerda (hai cambio de pé ao comezar esta repetición).

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 3.0