Outros recursos
Un pouco de información
Nesta unidade falamos do «Alalá das Mariñas» e escoitamos varias versións. Nunha delas, o grupo Milladoiro inclúe a gravación que deste canto fixo Faustino Santalices en 1949. A letra que recolleu Santalices di:
Teño unha casiña branca
na Mariña entre loureiros
teño paz e teño amor
i estou vivindo no ceo.
Ai la la...
I adiós á miña casiña,
portelo do meu quinteiro,
auga da miña fontiña,
sombra do meu laranxeiro.
Ai la la...
Ese retrouso proporciónalle o nome de «Alalá», se ben outros prefiren chamarlle «Cantar de camiño»1. Durante unha época, Santalices pertenceu á Coral De Ruada de Ourense, da que falaremos noutra UDI como exemplo de Coro Gallego. De feito, a formación actual de dito coro ten recuperado a zanfona nas súas actuacións. En De Ruada, Santalices figurou como tenor, gaiteiro e cantando romances coa súa zanfona nos intermedios das actuacións.
Aínda que habería moito que falar da zanfona que Santalices atopou e reconstruíu, podemos dar por boa a información sobre o instrumento que atopamos aquí. Porén, é probable que estivera máis preto de tratarse dunha lyra organizzata2 e non dunha auténtica zanfona3.
En calquera caso, o labor de Santalices é innegable.
___________________________________
1 https://gl.wikipedia.org/wiki/Alal%C3%A1
2 https://fr.wikipedia.org/wiki/Vielle_organis%C3%A9e
3 http://ret007ei.eresmas.net/reolid/a-santalices.html
|
Fonte: spotify |
Versión de Milladoiro que inclúe a gravación de Santalices (a partir do 1:40): Fonte: Youtube |
Outras versións deste Alalá:
(NOTA: Embébese aquí contido directo dende Spotify. Ás veces pode producir un erro 404 que se soluciona recargando a páxina no navegador)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 3.0