«Este cantar da vendima».
AE. Ensamblar coa versión ODE completa
Cantar o Alalá coa base pregravada
- Cantar e/ou tocar o arranxo aprendido sobre esta base pregravada (durante a primeira estrofa, pois a segunda cambia de tono e os instrumentos xa non coinciden).
- Manter o tempo sobre unha gravación.
Teño unha casiña branca
na Mariña entre os loureiros,
teño amores, teño barca,
e estou vivindo no ceo.
Ai la la...
Adiós á miña casiña,
portelo do meu quinteiro,
auga da miña fontiña,
sombra do meu laranxeiro.
Ai la la...
IMPORTANTE: Nesta gravación, con vistas a optimizar o tempo de aula, non hai cabida para cantar as dúas estrofas cos respectivos retrousos. O mestre optará por cantar a estrofa primeira co retrouso correspondente despois da modulación tonal, ou ben cantar estrofa primeira máis segunda obviando o "Ai la la" respectivo de cada unha delas.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 3.0