7.3 - Configura as tarefas
No paso 2.1.3 engadíronse as ponderacións das tarefas nas súas categorías: esta é a configuración básica e imprescindible das tarefas no Libro de cualificacións.
3.1 Calcula os puntos que corresponden a cada tarefa no total do curso.
3.1.1 Calcula os puntos que cada tarefa aporta á cualificación final vexámolo mediante un suposto práctico: Distribuír o 15 % que pondera un módulo entre unha tarefa e un cuestionario (70 % na Tarefa e 30 %, por exemplo)

Para calcular as puntuacións das tarefas 2.1 e 2.2 multiplícase a súa ponderación por 15 (ponderación do módulo) e divídese por 100, é dicir, por exemplo a tarefa 2.1: 70 x 15 / 100 = 10.5 puntos... e así as outras.
3.1.2 Anota no Libro de cualificacións a ponderación das tarefas e do obradoiro, se o houbera.

3.1.3 Anota as puntuacións de cada tarefa na Guía do curso > Avaliación > Táboa
Exemplo de ponderacións e puntuacións das tarefas na Guía do curso

3.1.4 Completa a táboa anotando a ferramenta de avaliación e a escala empregada para avaliar e cualificar as tarefas.
Exemplo de ponderacións, puntuacións e intervalos das tarefas na Guía do curso

3.1.5 Anota nos enunciados das tarefas o seu peso no seu módulo e no curso
Exemplo de info da puntuación dunha tarefa nas súas instrucións

3.2 Configurar opcionalmente algúns outros aspectos da Tarefa.
Abre a configuración da tarefa
3.2.1 Configura opcionalmente a Cualificación para aprobar. É posible configurar a cualificación mínima para "aprobar", se se fai as cualificacións que non acaden esa cualificación amosaranse en vermello, as que o acaden amosaranse en verde mentres que se non se configura amosarase en cor negro no Informe do cualificador:

No Libro de cualificacións dos participantes NON se amosan estas cores nin inflúen na cualificación obtida, é dicir, unha cualificación por debaixo da cualificación para aprobar súmase nos cálculos. Por iso, a utilidade desta configuración será para a titoría en canto lle facilita visualizar máis doadamente as cualificacións por debaixo dese mínimo para aprobar.
3.2.2 Configura opcionalmente o Multiplicador. Factor para multiplicar as cualificacións de tódolos participantes.
3.2.3 Configura opcionalmente a Compensación. Puntos que se sumarán automáticamente a tódolos participantes, despois de aplicar o multiplicador.
3.2.4 Configura opcionalmente Agochar ata activando o check desta opción ou indicando unha data e hora se queres establecelo así, dúas posibilidades. A tarefa e a súa cualificación non se amosará aos participantes desde que se active ou ata ese día e hora. Útil, por exemplo, para amosar as cualificacións dunha tarefa ao mesmo tempo a tódolos participantes.
3.2.5 Configura opcionalmente Bloquear ata activando o check desta opción ou indicando unha data e hora se queres establecelo as,í dúas posibilidades. A cualificación da tarefa bloquearase desde que se active ou a partir desa data e hora e non será posible editar as cualificacións.
Na páxina de configuración da tarefa:

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0