Saltar navegación

3.2 - Base de datos

As bases de datos permiten construír un banco de rexistros sobre calquera tema ou asunto, así como realizar buscas e amosar resultados. O formato, cuxo formulario debe ser creado previamente, e a estrutura destas entradas poden ser practicamente ilimitados, incluíndo imaxes, arquivos, direccións URL, números e texto, entre outras cousas. Son múltiples as posibles aplicacións deste módulo.

As bases de datos reforzan a aprendizaxe colaborativa e social compartindo información, opinións...

Exemplos de uso:

  • Recoller un traballo e facer unha galería para posteriormente expolo e avalialo.
  • Recompilación de URL sobre algún tema educativo.
  • Banco de imaxes relacionadas co curso.
  • Espazo para compartir arquivos.
  • Presentar contidos creados polos estudantes para comentalos ou revisalos polos outros participantes.

Exemplo de base de datos

Configuración da base de datos



Creado con eXeLearning (Ventana nueva)