Saltar navegación

4.2 - Proba

Utilidade da Proba

A actividade Proba é unha ferramenta moi potente e flexible que permite ao profesorado deseñar exercicios autoavaliación. Polo tipo de preguntas que admite é unha ferramenta de avaliación válida para os niveis inferiores nas taxonomías dos tipos de coñecemento: coñecemento de datos, conceptos...

Pódense construír listas agrupadas por categorías e configurar unha proba que toma preguntas das categorías que queiramos. Preséntanse ao alumnado, este responde e obtén automaticamente unha cualificación, sen intervención da titoría.

Pódese utilizar...

  • En avaliacións iniciais.
  • En todas as posibilidades de autoavaliación
  • Para facilitar aos estudantes a monitorización do seu propio rendemento
  • Como instrumento de reforzo e repaso, etc.

Proporcionan á persoa participante unha forma doada de seguir o seu progreso no proceso de aprendizaxe. Se aos contidos dun tema achegamos un cuestionario sobre este, o alumno pode contestalo e, segundo as respostas proporcionarlle un feedback estándar, sabe inmediatamente o que lle falta por saber. Trátase dunha autoavaliación formativa. É, polo tanto, un mecanismo de reforzo importante para a consolidación da información aprendida. Tamén introduce unha fonte de motivación extra.

Nos cursos Platega podemos empregala se ben en ningún caso debe confiarse a avaliación dun modulo unicamente a este ferramenta pois, como apuntamos máis arriba, é válida e práctica para avaliar a adquisición de informacións puntuais como datos, grado de coñecemento de conceptos, emparellamento de termos, nomes..., é dicir, permite avaliar se o participante "sabe" pero non é axeitada para avaliar os desempeños pois estes esixen a aplicación de procesos cognitivos máis complexos e, ademais, de "saber facer", de aplicación práctica en contexto ou proxectos determinados.

Exemplo de proba

Exemplo de configuración da proba

Se queres afondar máis, podes consultar os manuais de Moodle. Sen embargo, lembra a estratexia para xerar cuestionarios.

Unha vez o cuestionario ou proba estea creado, podemos engadirlle preguntas. O ideal para isto é empregar o Banco de preguntas, aínda que poden crearse preguntas concretas para segundo qué probas.

Como engadir e editar preguntas nunha proba

O banco de preguntas

O banco de preguntas correspóndese co lugar onde gardamos todas as preguntas realizadas para as probas ou cuestionarios que inserimos no curso. Podemos acceder fácilmente a premendo na opción "Banco de preguntas" mentres estamos editando unha proba.

O banco de preguntas ten unha estrutura por categoría, tal que así:

  • Preguntas da proba
    • Subcategorías
  • Preguntas do curso
    • Subcategorías
  • Preguntas da categoría do curso
    • Subcategorías

Deste xeito, o ideal é empregar as subcategorías propias do curso ou da proba para almacenar as preguntas. Tamén de xeito ideal, podemos organizar as preguntas en distintas categorías (por exemplo, por temáticas ou módulos). Neste caso, teremos que elixir en que categoría queremos crear a nosa. A menos que queiramos crear moitas "cadeas" de categorías, seleccionaremos "Superior para XXXXXXXXXX"; onde XXXXXXXXXXX é o nome do curso.

Exemplo de categorías

Exemplo de engadir unha categoría


Finalmente, seleccionamos a opción "Preguntas" para empezar a redacatar as preguntas da categoría creada:

Como crear Preguntas

As principais vantaxes de empregar o banco de preguntas son as seguintes:

  • É máis sinxelo se estamos traballando de xeito colaborativo (podemos filtrar, analizar e gardar todas as preguntas propostas).
  • Permite crear probas que empregan preguntas aleatorias dunha categoría. Por exemplo: se creamos un cuestionario que recolle información do Apartado A e B (5 preguntas de cada), no banco de preguntas podemos crear a categoría A con 10 preguntas e a categoría B con outras 10. Na configuración da proba podemos establecer que as preguntas sexan ao chou, polo que non sempre sairán as mesmas preguntas en cada intento.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)