Saltar navegación

6.2 - Grupos de escolla

É moi frecuente, atoparse nos cursos virtuais grupos de participantes moi heteroxéneos e as veces convén agrupalos ou clasificalos en función dalgún criterio para desenvolver unhas tarefas ou outras segundo a súa situación. Tamén podemos querer desenvolver traballos colaborativos en grupos pequenos e temos que organizar aos participantes en subgrupos, dentro do gran grupo. Para iso emprégase a actividade: Grupo de escolla que facilita que os propios participantes se organicen en subgrupos autonomamente. É cuestión de configuralo axeitadamente.

1. Entra en Participantes > Grupos

Acceder ao menú grupos

2. Crea os subgrupos en clickando na opción "Crear grupo" ou "Crear grupo automáticamente". Chamaremos a cada subgrupo Subgrupo 01, Subgrupo 02, ... Por simplicidade, imos crear oos grupos de forma automática.

Acceder á creación de grupos

Crear grupos de forma automática

3. Crea un Grupo de escolla. 

  • 3.1 Engadir unha actividade ou un recurso > Grupo de escolla
  • 3.2 Configura a Escolla de grupo, por exemplo como se fixo nesta do Modelo de cursos Platega (fíxate nas opcións feitas):

Crear a actividade "Grupo de escolla"

5. Ao entrar na escolla, os participantes poderán elixir en que subgrupo incorporarse, dos que aínda teñan prazas libres.

6. Se quiseras que cada subgrupo teña un Foro exclusivo para eles, consulta o titorial ... organiza Actividades ou Recursos en subgrupos

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)