LIM= Libro Interactivo Multimedia
Trátase dun entorno para a creación de materiais educativos, composto por un editor de actividades (EdiLIM) , un arquivo de configuración en formato XML ( libro ) onde se recollen as propiedades e características do recurso, e un visualizador, que dende a version edilim v.5 non precisa o plugin de Flash.
EdiLIM pode exportar en formato flash ou HTML5. Os libros-LIM en formato flash son compatibles co plug-in libre GNash, polo que non é necesario utilizar alternativas non libres.

Captura do editor EdiLIM. Elaboración propia. Licenza CC BY SA.
Coma vantaxes podemos destacar:
- Os arquivos están na web, non se instala nada no ordenador.
- Accesibilidade inmediata en internet.
- Independente do sistema operativo, hardware e navegador web.
- Contorna aberta. Utilización de arquivos XML.
Desde o punto de vista educativo:
- Contorna agradable.
- Facilidade de uso para os alumnos e alumnas.
- Actividades atractivas.
- Posibilidade de control de progresos.
- Avaliación de exercicios.
- Recurso fácil para o docente. Non hai que preparar os ordenadores.
- Posibilidade de utilización en ordenadores, dispositivos mobiles e Encerados Dixitais Interactivas.
- Creación de actividades de forma sinxela.