Conceptos previos
As páxinas do noso libro multimedia, poderán conter variado contido multimedia polo que necesitamos afacernos aos tipos de arquivos que soporta:
- Sons: So admitirá sons en MP3.
- Vídeos: En MP4 (códec H.264)
- Imaxes: Teñen que ser JPG, PNG ou GIF.
* SONS:
Audacity:
audacity.sourceforge.net
Para pasar de formato wav a mp3 podese empregar o Format Factory (mais abaixo)
* ANIMACIONS: Para facer capturas de pantalla
www.debugmode.com/wink Gratuito
* VIDEOS: Vdownloader: Para baixar videos de internet de páxinas como youtube, Google Video, Metacafe, MySpace, DailyMotion,... a diferentes formatos, entre eles o MP4 Gratuito. www.vdownloader.es
Existen moitas alternativas pero temos que valorar se preferimos un aplicativo instalado, un servizo online ou un complemento para o navegador que permita a descarga de elementos multimedia. O máis recomendable é escoller un servizo online, pero nalgúns casos o aspecto visual pode ser confuso pola cantidade de publicidade que inclúen. Rexeitar aqueles servizos que solicitan un número de teléfono.
Un conversor de vídeo moi completo, de balde e en galego é o FormatFactory. Iste completo programa gratuito permite a conversión de todo tipo de formatos: video ( MP4, AVI, 3GP, MPG, FLV e MOV); imaxe (JPG, BMP, PNG, TIF e ICO), audio (MP3, OGG, WMA, M4A e WAV) ademáis de moitas outras posibilidades. http://www.pcfreetime.com/formatfactory/index.php?language=es

Captura do aplicativo Format Factory. Elaboración propia. Licenza CC BY SA.
* COMPRESORES: 7Zip: O mellor compresor e descompresor de arquivos. É software libre e en galego. www.7-zip.org