Estrutura recomendada para windows e linux portable.

Imaxe que representa unha estrutura de cartafols. Elaboración propia.Licenza CC BY SA.
Recomendamos crear crear catro cartafols no ordenador para manter separados os arquivos cos que traballaremos.
edilim: para gardar o executable.
recursos: aquí podemos almacenar os elementos multimedia para utilizar na creación dos libros-LIM. imaxes, sons, textos, vídeos, etc.
libros: podemos utilizalo para exportar os traballos.
Para a versión linux instalada non é necesario ( non terá utilidade ) crear o cartafol edilim.
IMPORTANTE!
Nome dos arquivos.
Para evitar erros nos diferentes sistemas operativos e navegadores, debemos evitar as ñ, tildes e espazos nos nomes de arquivos ( e directorios ). Tamén debemos escribir en minúsculas ( referido ao nome de arquivos ).