Soporta arquivos multimedia nos seguintes formatos:
Imaxes: Admite imaxes nos formatos .jpg, .gif e .png (os dous últimos son interesantes para as actividades que creemos pois nos permiten poñer nas imaxes un fondo transparente como podes ver na seguinte páxina).
Sons: en .mp3 (Podes extraer o son dun video, co Format Factory e con outros programas na rede)
Videos: en formato .mp4 (Podemos descargar un video de Youtube ou pola rede para empregalo no noso libro https://es.savefrom.net/1-youtube-video-downloader-3.html)
Arquivos de texto: en formato .txt ou .htm
Vídeos.
Os vídeos engádense como se fora unha imaxe. Cando se amosa un vídeo aparece un panel cos controis comúns (play, pause e stop), unha barra de progreso e os contadores de duración total e tempo de reproducción. O botón dereito permite agrandar o vídeo. En EdiLIM: arrastra un vídeo desde o almacén de animacións ata o marco de imaxe. Selecciona a casilla "auto" se desexas que o vídeo se inicie ao entrar na páxina.
Tipos de páxinas que admiten vídeos:
- Imaxe e texto
- Plantilla ( a máis recomendada porque axusta o tamaño do vídeo ).
- Galería de imaxes.
- Preguntas.
Lembra que tamén podes crear animacións propias ou baixalas de Internet e inserilas como un video mp4