Usuarios
Premendo sobre o botón usuarios na barra de funcionalidades ábrese unha xanela na área de traballo con tres pestanas:
Usuarios recentes, usuarios en liña e usuarios máis populares (os que se vincularon con máis usuarios)
Coa función usuarios podemos atopar a outros mestres e mestras facendo unha busca por etiqueta (intereses, habilidades) ou polo nome.
Cando localicemos a algún usuario co que queiramos vincularnos, solicitarémoslle amistade premendo sobre o seu avatar.
Coleccións de amigos:
En Redeiras, resulta moi útil crear coleccións de amigos porque para cada nova colección de amigos, Redeiras crea para nós unha nova entidade de usuarios para a que poderemos personalizar a nosa privacidade, tanto no noso perfil como nos contidos que publicamos.
Para crear unha colección de amigos prememos no botón correspondente desde a a xanela usuarios.
Creamos unha nova colección e seleccionamos cales son os usuarios que van forma parte dela.
Esta funcionalidade seranos útil para marcar na configuración que é o que imos compartir cos membros desta colección.