O blog
Trátase dun espazo onde publicar todo tipo de reflexión , comentarios, experiencias.
Para escribir no blog persoal basta darlle á opción "Engadir entrada no blog" accedendo entón a pantalla de creación de entradas onde teremos que cubrir os seguintes campos prestando especial atención ao nivel de acceso que queremos que teña a nosa entrada.
1.Título: será o título que apareza como identificador do meu envío.
2.Extracto: pequeno resumo do contido. O extracto aparecerá debaixo do título do envío na vista do menú Blogs.
3.Corpo: o contido propiamente dito do envío.
4.Etiquetas (palabras claves ou "Tags"): contribúen a que outros usuarios atopen os envíos dos blogs agrupados baixo o mesmo nome. Etiquetar adecuadamente os envíos é moi importante xa que deste xeito favorécese a procura de contidos que tratan o mesmo tema e que poden pertencer a blogs de distintos usuarios ou grupos. Redeiras crea automaticamente un enlace que nos leva a unha páxina onde están agrupados todos os envíos a blogs catalogados coa mesma etiqueta; este enlace é visible na columna da dereita da páxina de blogs baixo o nome "Nube de etiquetas".
5.Comentarios: nesta opción decidimos si permitimos que outros usuarios comenten o noso envío sendo as opcións "activado ou desactivado". Os comentarios aparecerán baixo a entrada orixinal e non poden ser editados (corrixidos) pero si borrados tanto polo autor do comentario como polo autor da entrada.
6.Acceso: decidimos que usuarios ou grupos de usuarios poden ver o noso envío. En principio as opcións son: privado, amigos, usuarios rexistrados e público (debido as características de Redeiras o grupo de usuarios rexistrados e público refírense ao mesmo universo de usuarios). Cando agrupamos a distintos usuarios amigos nunha "colección de amigos" dita colección tamén aparecerá nas opcións de acceso.
7.Estado: as opcións son borrador e publicado. A opción borrador é moi útil para artigos que requiren unha elaboración minuciosa ao longo do tempo xa que cada modificación que fagamos do envío vai creando un histórico chamado "Revisións", podendo acceder a unha revisión anterior premendo no enlace correspondente. Se non queremos que o borrador sexa público debemos ademais situar o acceso da entrada en "Privado". Para acceder a este tipo de entradas basta premer en Blogs e acceder á pestana "O meu".