Crear grupos
A posibilidade de crear grupos é posiblemente unha das funcionalidades máis importantes de redeiras xa que é unha ferramenta que nos vai permitir intercambiar experiencias, opinións, curiosidades ou traballar de maneira colaborativa. Calquera usuario pode crear un grupo e configuralo para que sexa privado ou público. A creación dun grupo supón por parte do seu creador asumir unha responsabilidade en canto ao seu mantemento e a súa dinamización polo que debe ser tomado con certa cautela pois debemos ter en conta que se o grupo é aberto calquera pode unirse a el.
Tipos de grupos que hai en Redeiras:
Grupos totalmente abertos aos que podo acceder premendo no botón "Unirse ao grupo" ao que accedemos premendo no nome do grupo desde a opción Grupos da barra de funcionalidades.
Grupos parcialmente abertos: son visibles pero para poder unirse hai que premer en "Solicitude de entrada no grupo" á que se accede do mesmo xeito que na anterior ou ben porque o creador invitounos a unirnos. Para saber si temos algunha invitación temos que premer na opción "Invitacións a grupos" visible na columna dereita dentro do menú Grupos da barra de funcionalidades.
Grupos aos que soamente podemos acceder se o creador do grupo nos invita: estes grupos teñen a particularidade de que o creador do grupo só pode invitar a usuarios dos que é "amigo". Saberemos que temos unha invitación consultando "Invitación a grupos" onde a poderemos aceptar ou rexeitar.
O usuarios podemos tamén unirnos a calquera grupo que xa estea creado e que sexa totalmente aberto ou solicitar formar parte del se é parcialmente aberto.
Para acceder a un grupo escollemos a vista grupos na barrade funcionalidades e prememos sobre o grupo que nos interese. Nesta mesma vista temos a opción de crear un grupo no lateral dereito.