A interface
A pantalla de Redeiras está dividida en catro zonas
1.Na primeira barra atopamos os botóns de configuración tanto do propio perfil, amigos ou panel de control. Tamén accedemos ao servizo de mensaxería de Redeiras.
2.Na segunda barra escollemos a funcionalidade que queremos ver na zona de traballo: grupos, blogs, marcadores...
3.Na área de traballo vemos o que temos seleccionado na barra de de funcionalidades. Cando entramos amosaranos as últimas actividades.
4.Na barra inferior temos os botóns de Informar sobre isto (contactar cos administradores da plataforma) condicións de uso e privacidade.