Onde publicar podcast

Os podcast publícanse na rede de xeito moi similar aos vídeos de "Youtube", ou as presentacións de "SlideShare", de xeito que unha vez subidos dispoñemos dun código "embed" para poñelo no noso blog ou na web do centro.

Realmente os audios permanecen no servidor, pero podemos optar por non publicalos no mesmo, de xeito que ao utilizar o código "embed" mencionado só se verán no lugar onde o situemos, co seu propio reproductor incluído.

Como na maioría dos espazos web2.0 é preciso rexistrarse para ter o noso propio espazo.

Algúns servidores que nos permiten hospedaxe de podcast, de xeito gratuíto son:

Outra posibilidade máis doada é subir á páxina web do centro os arquivos como "mp3", ou compartilos a través de Dropbox, Google drive, ou mesmo dende algunha rede social (ideal se utilizamos Edmodo, por exemplo). Deste xeito temos o enlace para baixalos cando os alumnos/as queiran, pero non dispoñen de reproductor para escoitalos directamente da web.