E isto que é?
Podcast define unha forma de distribuír contidos multimedia en Internet, baseada nun arquivo de titulares ou “feed”. O arquivo contén descritores e unha direccións de Internet que apuntan a cada contido multimedia, que estará almacenado nun sitio web. Ao falar de tal ou cal podcast referímonos ao conxunto formado por todas as entregas publicadas.
Hai que engadir que o termo
Podcast non ten nada que ver con iPod, Podcast é unha palabra creada a partir
da expresión “Public On Demand Broadcast”, que en castelán podería traducirse
como “retransmisión pública baixo demanda” ou ben “por subscrición”.
Os podcasts distribúense habitualmente por subscrición. Mediante un programa adecuado (como iTunes) ou lectores RSS podemos subscribirnos a un podcast, de xeito que cada vez que sae un capítulo ou episodio novo temos a información correspondente.
Podemos crear podcasts a partir de tipos de arquivos tan dispares como PDF, audio ou vídeo. Con todo, un dos tipos de contidos máis habituais para os podcasts son os programas de radio, de tal modo que habitualmente identifícase podcast con “radio por internet”. Aínda que o formato de arquivo habitual destes últimos é o mp3, cada vez é máis habitual o chamado “podcast enriquecido”, que permite organizar un episodio en capítulos, e engadirlle imaxes fixas e enlaces.
Mediante podcasts estanse distribuíndo contidos sobre as temáticas máis variadas. Algúns de utilidade, outros informativos, outros formativos, e tamén moitos de tipo persoal, a modo de diario oral.