Ferramentas na web
Tamén internet nos ofrece aplicacións que nos facilitan o traballo de crear mapas conceptuais. Aquí vos deixamos algunhas para que experimentedes e probedes cal é a que mellor se adapta ás vosas necesidades.
- GLIFFY: Ten a posibilidade de crear diferentes tipos de diagramas.
- MINMODO: Permite o traballo colaborativo, editando e modificando, engadindo imaxes e ademais permite incrustar o código nun blog ou páxina web, ou gardalo como imaxe no noso equipo.
- MIND42: Moi similar á anterior.
- SPICYNODES: Con resultados moi vistosos ao crear mapas en flash.
E para rematar uns enlaces a alguns exemplos de mapas creados por compañeiros/as:
- Con Gliffy.
- Con Minmodo.
E se queredes ampliar información podedes mirar esta web de XarxaTic.