Como os facemos

1. A medida que se vai lendo un texto, ou desenvolvéndose unha teoría, debemos identificar as ideas ou conceptos principais e ideas secundarias e elaborar con eles unha lista.

2. Esa lista representa como os conceptos aparecen na lectura, pero non como están conectadas as ideas, nin a orde de inclusión e derivado que levan no mapa. Hai que recordar que un autor pode tomar unha idea e expresala de diversos xeitos no seu discurso, para aclarar ou resaltar algúns aspectos e no mapa non se repetirán conceptos nin necesariamente debe seguirse a orde de aparición que teñen na lectura.

3. Seleccionar os conceptos que se derivan uns doutros.

4. Seleccionar os conceptos que non se derivan un do outro pero que teñen unha relación cruzada

5. Se determinamos que dous conceptos teñen o mesmo peso ou importancia, estes conceptos deben ir na mesma liña ou altura, é dicir, ao mesmo nivel para logo relaciónanse coas ideas principais.

6. Utilizar liñas que conecten os conceptos, e escribir sobre cada liña unha palabra ou enunciado ( palabra enlace) que aclare porque os conceptos están conectados entre si.

7. Situar as imaxes que complementen ou lle dan maior significados aos conceptos ou proposicións.

8. Deseñar exemplos que permitan concretar as proposicións e /ou conceptos.

9. Seleccionar cores, que establezan diferenzas entre os conceptos que se derivan uns doutros e os relacionados ( conexións cruzadas)

10. Seleccionar as figuras (óvalos, rectángulos, círculos, nubes) de acordo á información a manexar.

11. O seguinte paso será construír o mapa, ordenando os conceptos en correspondencia ao coñecemento organizado e cunha secuencia instrucional. Os conceptos deben ir representados desde o máis xeral ao máis especifico en orde descendente e utilizando as liñas cruzadas para os conceptos ou proposicións interrelacionadas.