Elementos
Os elementos fundamentais que compoñen un mapa conceptual son estes:
- Os conceptos: regularidade nos acontecementos ou nos obxectos que se designa a través dun termo. «Libro», «mamífero», ou «atmosfera» son exemplos de conceptos.
- Palabras de enlace: que se utilizan para unir os conceptos e para indicar o tipo de relación que se establece entre eles. Por exemplo, si relacionamos os conceptos «idade» e «experiencia», mediante as palabras de enlace «proporciona» ou «modifica», as proposicións que xera son parecidas pero non idénticas.
- As proposicións: dous ou máis termos conceptuais unidos por palabras para formar unha unidade semántica. «A cidade ten unha zona industrial» ou «o ser humano necesita osíxeno» son exemplos de proposicións.