Mensaxaría
Os LMS adoitan incorporar sistemas de mensaxaría para a comunicación co alumnado a través da propia plataforma. Por exemplo, no caso de Moodle, contamos con:
- Mensaxaría: Moodle incorpora un sistema de mensaxaría que permite o envío de mensaxes de forma individual entre as persoas usuarias da plataforma.
- Conversas (chat): ferramenta de comunicación que permite aos usuarios manter conversas en tempo real.

De cara á comunicacion coas familias, o centros públicos galegos contan co Espazo Abalar e a aplicación AbalarMóbil