As ferramentas de videoconferencia son aplicacións que permiten, mediante unha conexión a internet ou telefónica, interactuar en tempo real con outras persoas, a través de imaxe e son.
O profesorado poderá utilizalas para comunicarse co seu alumnado, compartindo contidos e realizando actividades en tempo real e de xeito colaborativo.
Pódense utilizar das seguintes maneiras:
- A través de instalación da aplicación no ordenador
- A través do navegador web, sen necesidade de instalación.
- Nun dispositivo móbil, a través da instalación da aplicación correspondente.
Algunhas das aplicacións máis utilizadas son: Zoom, Jitsi, Webex, Skype e outras, tamén de uso moi extendido, que están vinculadas a outro tipo de servizos, aplicacións ou redes sociais: Google Meet, Hangouts, Google Duo, Microsoft Teams, Whatsapp...
WEBEX
Na actualidade, o profesorado galego ten ao seu dispor a plataforma Cisco Webex que permite ao profesorado interactuar en tempo real co seu alumnado facendo uso de son e imaxe, compartindo contidos, facendo cuestionarios e exercicios en tempo real de xeito individual ou colaborativo e outro tipo de actividades que poidan acompañar e enriquecer o proceso formativo a distancia.
Onde podo aprender a utilizalo?
FALEMOS

FALEMOS Edu é unha das aplicacións empregadas na Xunta de Galicia baseada no software libre JITSI para realizar reunións virtuais, reunións de coordinación, sesións de docencia, ... garantindo en todo momento a confidencialidade e seguridade nas comunicacións. Require que a persoa usuaria dispoña dun dispositivo con conexión a internet (PC, smartphone, tablet ) , micrófono e altofalante (ou cascos que inclúan ambas funcións) e unha cámara web facilitando deste xeito a colaboración en situacións de teletraballo e/ou as reunións entre persoas deslocalizadas.
Onde podo aprender a utilizalo?
Instrucións para unirse a unha videoconferencia
