
A plataforma Agueiro, a diferenza das anteriores, non está baseada en Moodle, senón en Mahara. Non se trata dun LMS en sentido estrito, pois aseméllase máis a un PLE. Ao contrario que outras plataformas, que se centran na institución que oferta a formación, o sistema de porfolio dixital Mahara está centrado no estudante.
Agueiro é unha plataforma en liña que ofrece ao centro a posibilidade de crear a súa propia comunidade educativa virtual onde poderán participar tanto o profesorado como o alumnado. Ditas comunidades permiten a creación de grupos, espazos compartidos, ferramentas colaborativas, foros de debate, páxinas... combinando as funcionalidades de rede social educativa, portfolio dixital educativo e espazo persoal de almacenamento na nube.
Ligazón de acceso á plataforma: https://agueiro.xunta.gal/
Contacto: agueiro@edu.xunta.gal
Onde podo aprender a utilizalo?
Algúns exemplos de uso
IES Terra de Turonio: Regularizando el uso de las plataformas e-aprendizaje