
O EVA E-Dixgal é o entorno virtual de aprendizaxe ligado á iniciativa E-Dixgal, dirixida aos niveis de 5ª e 6ª de Educación Primaria e 1º e 2º de ESO e na que están a participar nestes momentos 347 centros educativos galegos.
O EVA E-Dixgal permite ao profesorado seleccionar os contidos formativos procedentes de varios proveedores de contidos dixitais e incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia. Ademáis, tamén teñen a súa disposición o repositorio espazoAbalar con máis de 4.000 recursos educativos dixitais complementarios.
O alumnado participante no proxecto ten dereito a un ordenador portátil, na modalidade de cesión de uso, co que pode acceder á plataforma a a través dunha conexión a internet (modo online) ou en modo local (offline).
Ligazón de acceso á plataforma: https://eva.edu.xunta.gal/
Ligazón de acceso ao portal: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal
Onde podo aprender a utilizalo?
Documentación de E-Dixgal na Aula Aberta Abalar: