Redactar

Para crear unha mensaxe nova, prememos o botón "Redactar". Abrirase unha ventá como esta:

Os campos que están "cubertos" son os imprescindibles:

De: cúbrese automáticamente coa nosa dirección de correo.
Para: É o enderezo ao que enviamos a mensaxe. Como xa sabemos, debe ter o formato nome_de_usuario@servidor.xxx
Asunto: de que vai a mensaxe. Breve, só é unha indicación do contido.
O texto é o corpo da mensaxe.

Co campo "Para" en branco, non podemos enviar a mensaxe.
Se non poñemos nada no asunto, o programa pediranos que confirmemos que non queremos escribir nada e podemos mandalo igual.
O texto pode ir en branco (se cadra, só queremos enviar un arquivo adxunto sen máis nada)

 

  • Redacta un correo electrónico e mándao a outra conta que teñas ou coñezas. Se non sabes outras contas, podes envialo a conta.curso.tic@gmail.com