Acceso á conta

Todos temos unha conta de correo corporativo da Consellería de Educación, a conta "edu.xunta.es"; imos ver como manexarnos na nova aplicación de webmail.

1.- No navegador de internet, tecleamos www.edu.xunta.es/correo ou  www.edu.xunta.es/webmail. En calquera caso aparecerá a pantalla que solicita o nome de usuario e o contrasinal; no nome de usuario só debemos escribir o que vai diante da arroba. A continuación escribimos o contrasinal. ATENCIÓN! Os contrasinais son sensibles ao uso de maiúsculas e minúsculas; se non os escribimos correctamente por tres veces, a conta bloquearase e non quedará máis remedio que chamar á UAC (Unidade de Atención a Centros).

  

  • Entra na túa conta de correo corporativo.