Correo electrónico
- O correo electrónico, tamén coñecido como e-mail é un servizo de rede que permite aos usuarios enviar e recibir mensaxes e ficheiros rapidamente por sistemas de comunicación electrónicos. A través de correo electrónico se pode enviar non só texto, senón todo tipo de documentos dixitais.
- O correo electrónico comezou a utilizarse en 1965 nunha supercomputadora.
- En 1971, Ray Tomlinson incorporou o uso do símbolo da arroba (@). Elixiu o símbolo @ como un divisor entre o usuario e o computador que hospeda a caixa de correo porque este símbolo non figuraba en ningún nome ou apelido. Ademais, en inglés a arroba lése 'át' (en). Así, exemplo@máquina.com leríase como exemplo en máquina punto com.
- Un enderezo de e-mail está composto por un nome de usuario, á esquerda da arroba; e o dominio, á dereita da arroba, que nos indica quen é o proveedor do servizo de correo.
Exemplos de enderezos de correo electrónico:
abcd.efg@edu.xunta.esfulanito_detal@gmail.com
o.meu.correo@hotmail.com
outrocorreo@yahoo.es
O nome de usuario elíxeo o propio usuario, pero coas restriccións que impoña o proveedor; algúns non permiten determinados símbolos, como o guión baixo "_" , por exemplo.
Nos apartados seguintes imos aprender a acceder á nosa conta de correo, ler, redactar, eliminar, enviar, respostar e reenviar correos e adxuntar documentos a un e-mail.