Consellos
Os enderezos de correo electrónico son un botín moi apreciado por persoas ou organizacións que poden comerciar con eles, vendéndoos a terceiros ou simplemente enchendo o noso buzón de entrada de correo non desexado (Spam). Parece imposible evitar que nos chegue certa cantidade de correos non desexados, pero reduciremos esto ao mínimo se seguimos un par de sinxelos consellos.
1.- Anuncios de "cousas raras", como Viagra, ou outro tipo de pastillas, medicinas milagreiras, etc. Salvo que esteamos interesados, é mellor mover a mensaxe á carpeta "Spam" que eliminala. No primeiro caso, estamos contribuíndo a que o programa aprenda que consideramos Spam e o mande directamente a esa carpeta.
2.- Cadeas. De cando en vez recibimos unha mensaxe reenviada (sabémolo porque no Asunto pon Fwd:) que pide as cousas máis dispares apelando á nosa boa conciencia (inxustizas, rapaces/zas enfermos/as...) e solicita que reenviemos o correo a canta máis xente mellor. Non o fagades. Case sempre é un xeito de recoller unha chea de enderezos de e-mail que non sabemos en que mans rematarán.
Se queres enviarllo a alguén é preferible que o redactes e o envíes. Copiar e Pegar axudará a facelo facilmente.
3.- Ofertas de negocios estraños. Nin caso.
4.- Avisos de que o noso buzón está cheo e debemos enviar o nome de usuario e o contrasinal. Nunca o fagades. Case sempre están en inglés ou en español macarrónico e nin tan siquera aparece o nome do noso proveedor de correo.
5.- Notificacións urxentes do banco, segundo as cales debemos enviar o noso nome de usuario e contrasinal para evitar problemas e resolver a situación. NUNCA!!!! Ningunha entidade bancaria o de calquera outro tipo nos vai pedir nunca as nosas claves de acceso a través do correo electrónico (nin de ningún outro xeito). Movédeo directamente a Spam.
6.- Correos, habitualmente en inglés, de remitente descoñecido que nos pide, coas escusas máis peregrinas, que fagamos clic nunha ligazón ou que abramos un arquivo adxunto. Non facer caso e eliminalos ou movelos a Spam.