A cultura castrexa
A CULTURA CASTREXA
- Desenvolvemento
- Os castros
- As edificacións
- Pobos que os habitaron
- A economía
- A estrutura social
- A arte
- A escultura
- Un exemplo: o poboado castrexo do Castro
- Desenvolvemento
A cultura castrexa ou dos castros desenvolveuse no noroeste da Península Ibérica dende finais da Idade do Bronce (VI a.C.) ata comezos da Idade Media (III d.C.) cun período de apoxeo entre os séculos IV e II a.C. Coa chegada dos romanos abandónanse algúns castros pero logo se reocupan pervivindo en moitos casos ata tempos medievais.
- Os castros
Os castros son uns recintos fortificados situados en promontorios costeiros ou interiores e provistos de murallas, foxos e/ou terrapléns. Son de tamaño reducido (xeralmente) e están próximos entre si.

2014 Baroña. Castro de Baroña. Porto do Son-2, Luis Miguel Bugallo Sánchez en Wikipedia CC BY-SA 4.0.
A muralla non so servía como método de defensa senón que tamén significaba unha cuestión de identidade, era por límites ao territorio.
Unha gran parte dos castros consta dun só recinto, denominado croa, con forma de elipse e rodeado dunha muralla. Outras veces presentan ampliacións anexas denominadas antecastros.
Os castros tiñan unha porta de entrada á croa e por protección debía ser de difícil acceso (mediante escaleiras, ramplas empedradas...).
Nos xacementos restaurados actualmente pódese ver unha liña de separación arqueolóxica para diferenciar a parte orixinal da parte restaurada, e nos castros do sur de Galicia é de lousa porque contrasta moi ben co granito dos castros.
- As edificacións
Nos castros podemos atopar vivendas e almacéns.
As vivendas:
- eran maioritariamente de planta circular e oval (as vivendas de planta rectangular son posteriores, e de influxo romano).
- algunhas tiñan vestíbulo.
- ao principio se construían de barro e ramas, pero máis tarde xa eran de pedra.
- o teito era cónico e feito con vigas de madeira, palla e barro e era por onde saían os fumes do fogar ademais de actuar como método de conservación xa que desta forma escorrentábanse aos animais.
- o chan era de terra.
- non eran moi habituais as ventás.
- o fogar se situaba no centro e a partir do século I d.C. se traslada a un lateral para que a familia organizase mellor o espazo.
- tiñan un banco corrido de pedra pegado a parede no que se comía.
O almacén:
- ten unha pequena entrada a media altura para que non entrasen os animais.
- ten un sollado de madeira separado do chan para illar da humidade os produtos que gardaba.
As edificacións non estaban xuntas unhas as outras senón que había pequenos espazos entre elas que servían de currais ou vertedoiros.
Nas portas das edificacións e nos muros aparecen as veces gravados (por exemplo trísceles) que estaban relacionados coa mitoloxía celta.
- Pobos que os habitaron
É unha cultura na que hai elementos célticos, pero que presenta características peculiares que non encaixan co que se sabe dos celtas.
Tradicionalmente se creia que os castros estaban habitados polos celtas pero as teorías invasionistas de que chegaron os celtas á Galicia están bastante en interdito e se considera unha cultura galaica ou castrexa propia con algunha influencia celta.
A sociedade celta era guerreira, a sociedade castrexa non, e existían incluso pactos de hospitalidade. Non se atoparon nos castros galaicos restos de violencia (por exemplo incendios), non hai evidencias de que houbera conquista á forza.
A única proba da existencia de grupos celtas en Galicia (grupos pequenos non invasión) é a toponimia, xa que nalgúns pobos as raíces dos nomes dos lugares é de orixe celta.
- A economía
A súa economía era autosuficiente, é dicir, adoitaban vivir do que eles mesmos producían.
A economía era fundamentalmente agrícola (cereais como o trigo, o millo, a cebada, o centeo) e pastoril (vacas, cabalos, ovellas, cabras, porcos e aves de curral), pero tamén practicaban a caza (cervo e xabaril), a pesca (pescada, maragota, xurelo), o marisqueo (vieiras, mexillóns, ameixas, berberechos, caramuxos etc.) e a recollida de froitos (abelás, landras coa que facían fariña, arandos).
Hai indicios da existencia de rutas comerciais de gran amplitude. Existían a minería (ouro, estaño, cobre, chumbo e ferro), a metalurxia (do bronce e do ferro) e a cerámica.
Ademais de fabricar útiles (coitelos, anzós para pescar, fibelas para os cintos...) e armas (espadas, puñais ) traballaron o ouro e a prata e deixaron alfaias como torques, arracadas (pendentes) e diademas.
Tamén existía unha actividade téxtil xa que tecían nos seus teares o liño para facer roupas. Aínda que tamén vestían con peles de animais.
Os achados específicos de cada castro serven para precisar mellor a que se dedican os seus habitantes.
- A estrutura social
A estrutura social non resulta fácil de reconstruír, sen embargo temos algúns datos: Non existen vivendas que destaquen polo que non deberon de existir grandes diferenzas de nivel económico. A existencia de barrios diferenciados dentro dos castros interpretouse como indicio da existencia de comunidades familiares extensas (clans).
Era unha sociedade xentilicia, non existía unha autoridade superior que mantivera a unidade do grupo.
Existe un certo equilibrio social entre os homes e as mulleres, pois estas posuían as terras, e os homes o gando. Pero no mundo político o equilibrio desaparece, xa que toda a autoridade a teñen os homes.
Os homes dedicábanse a coidar os rebaños, á caza, á pesca e tiñan a autoridade familiar. As mulleres dedicábanse á agricultura e á recolección de froitos. As herdanzas transmitíanse por liña feminina, herdando as fillas e non os fillos.
A poboación repartíase polo territorio, constituíndo núcleos de poboación moi pequenos, onde se asentarían as diferentes centurias. Cada centuria era un castro. Esta sería a forma básica de organización social, intermedia entre a familia e a tribu. En cada castro convivirían distintas familias con lazos de parentesco entre si.
A tribu abarcaba diferentes castros e nela residía a soberanía. Tiñan os seus propios deuses e cultos familiares, así coma un dereito particular, do que quedaba excluído o alleo ao grupo.
A xerarquización destas sociedades estaría en función da idade e o sexo. Os anciáns estaban moi considerados porque eran os portadores da sabedoría.
- A arte
Os habitantes dos castros traballaron a pedra, a cerámica e os metáis.
- A pedra utilizábase para construír e para realizar obxectos de uso cotián (muíños de man, bebedeiros, moldes para a fundición, machados etc.).
- A cerámica a producían en diferentes formas e tamaños e a decoraban.
- O metal máis traballado era obronce: caldeiros con asas, puntas de lanza, coitelos, aneis, contas de colar,... Tamén apareceron algúns restos de ferro. Destaca a importancia da ourivería, coa realización de arracadas (pendentes), diademas, colares, torques, brazaletes e fíbulas (broches).
- A escultura
As esculturas estában realizadas en pedra e eran:
- Guerreiros: Atopáronse estas figuras en Ourense. Eran esculturas de militares en parada. Non se sabe se eran estatuas funerarias, honoríficas, heroes divinizados,...
- Cabezas: tanto humanas como de animais.
- Figuras diversas: Iconas, figuras femininas, estatuíñas,...
- Decoracións arquitectónicas: eran pedras decoradas pertencentes a frisos, ombreiras, padieiras, amarradoiros, remates circulares,... A súa decoración era moi sinxela: cordados, espirais, trísceles,...
- "Pedras formosas": era una pedra de grandes dimensión localizada no interior dos balnearios (saunas castrexas) e permitía o acceso ao compartimento dos baños e vapores quentes a través dunha pequena abertura.
- Un exemplo: o poboado castrexo do Castro
Tras esta breve introdución sobre os pobos galaicos vamos a ver cómo vivían no poboado do Castro, en Vigo, nas proximidades do noso centro. Estudio que podemos trasladar as características de calquera outro castro de seu entorno.
O castro de Vigo é un gran oppida, un asentamento de gran tamaño, que ocuparía practicamente toda a ladeira do monte do castro, con numerosos habitantes e un papel central no seu territorio.
A ocupación de dito xacemento data dende o século III a.C. ata o século III d.C. e os restos que aparecen representan só unha pequena parte de dito castro.
A mediados do século II a.C., xorden este tipo de grandes poboados como o do Castro delimitados por grandes murallas chamados oppida.
Os oppida máis que grandes aldeas fortificadas son consideradas cidades. Constitúen o centro social, político e económico dunha área que inclúe os castros próximos.
O espazo do interior do castro se planifica e aparece intensamente ocupado.
As vivendas agrúpanse en pequenos conxuntos de estancias, almacenes ou talleres que comparten un patio e que forman unha unidade familiar e están rodeadas por un muro.
Na imaxe seguinte pódese ver a reconstrución dunha unidade familiar que se fixo neste castro. A da esquerda sería unha vivenda de planta rectangular, a da dereita sería unha vivenda de planta circular e a do medio sería o almacén. As características que teñen estas edificacións son as expostas no epígrafe 3.

reconstrución dunha unidade familiar
No xacemento do Castro se atopan edificacións de planta circular e cun vestíbulo semicircular que podería estar aberto ou cerrado, e algunha rectangular. A maioría non se sabe se eran vivendas ou almacéns, o modo de asegurar que unha edificación era vivenda era se se atopaba o fogar no seu interior.
vivenda con fogar
Sabemos da súa vida diaria polos restos atopados. Neste castro atopáronse anzois, espiñas de peixes, cunchas, etc que indican que aproveitaban o mar que tiñan cerca.
Tamén dispón dunha rede de canles de condución de auga, para o uso dos habitantes e para posibles industrias manufactureiras (curtido, tratamento de fibras vexetais, minerais, salgaduras,…).

condución de auga
Outra construción curiosa é a existencia dunha sauna, a cal ten unha significación ritual dentro do poboado que era a de purificación e a que so podían entrar os homes.

sauna
Tamén se atopou un espazo oco que tiña a función de silo, é dicir servía para almacenar de forma fresca alimentos.

silo
Tamén apareceron moitos obxectos procedentes de diversos lugares da península, o Mediterráneo e o Atlántico que amosan a importancia do comercio, como ánforas de viño e aceite, vaixelas de cociña, fíbulas ou imperdibles para os vestidos, lámpadas, moedas, xoias ….