"Emprego de dispositivos móbiles como ferramenta interdisciplinar e de atención á diversidade", é o traballo resultante dunha licenza de formación durante o curso académico 2016-2017.

Para a realización deste proxecto, empregouse a plataforma Moodle, é unha plataforma que ofrece a Xunta de Galicia a todos os centros educativos públicos dentro do proxecto Webs dinámicas.

O acceso é aberto e libre polo que non se precisa contrasinal nin usuario.

A aula estruturouse en tres bloques: Programación, Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia. Cada un destes bloques contén unha parte teórica, actividades relacionadas coa teoría, todas baseadas no uso de apps para dispositivos móbiles, e avaliación.

Na aula virtual hai un apartado "apps educativas", no cal hai un tutorial para cada unha das apps que se utilizan. Estas apps son: Código QR, Kahoot, Aurasma, Phonto, OSMTracker, Mackeblock, Moldiv e  Canva

A estrutura da aula é a seguinte:

manual uso

Última modificación: mércores, 26 de xullo de 2017, 9:39 AM