O alumnado ao que vai dirixido este proxecto cursa a materia de Xeografía e Historia en primeiro da E.S.O. Dentro da programación deste curso, un dos temas a desenvolver é pobos prerromanos. Propúxose a realización dun proxecto en grupos de tres, para achega ao alumnado de primeiro da E.S.O ás súas orixes. Este proxecto será evaluado ao longo de todo o curso onde cada grupo demostrará:

      • Coñecementos teóricos. Test de avaliación que se propoñen.
      • Utilización de diferentes apps: OSMTracker, Moldiv, Canva. Kahoot e Aurasma
      • Dominio TICs
      • Traballo en grupo
      • Desenvolvemento do proxecto.
      • Capacidade de superación e inquietude.

 

        Para realizar a avaliación dos mesmos elixiuse unha forma lúdica para estimular ao alumnado a mellorar o seu rendemento e  aprender xogando, marcándose retos. Cada equipo ten unha tabla como a inferior colocada na corcheira da clase, e en cada casilla vanse premiando a superación de cada unha das actividades propostas.

aval castros

         Cada grupo previamente ten coñecemento da rúbrica proposta para avaliar a súa actividade na aula.

 

CATEGORÍAS PARA RÚBRICA CASTROS DE GALICIA

CATEGORÍA

MOI BO

BO

ACEPTABLE

NON ACEPTABLE

COÑECEMENTO DA TEORÍA ESIXIDA.

Coñece todos os termos teóricos. Identifica perfectamente diferentes elementos das construcións. Recoñece os materiais pertencentes a diferentes épocas.

Os resultados obtidos nos test son do 100%.

Coñece practicamente todos os termos teóricos. Identifica diferentes elementos das construcións. Recoñece os materiais pertencentes a diferentes épocas.

Os resultados obtidos nos test non chegan ao 100%.

Coñece algúns termos teóricos. Identifica algúns elementos das construcións.

Os resultados obtidos nos test son do 50%.

Falta de coñecementos teóricos.

Non é capaz de identificar bastantes elementos das construcións.

Os resultados obtidos nos test son inferiores ao 50%.

UTILIZACIÓN DAS APPS E MANEXO DAS TIC

 

Atopa facilmente na rede as diferentes apps que necesita e domina a instalación delas no seu dispositivo móbil.

Manexa perfectamente as TICS compartindo traballos realizados coas apps cos seus compañeiros.

Domina a plataforma empregada na que se traballan test, compártense traballos,… 

Atopa na rede as diferentes apps que necesita e consegue a instalación delas no seu dispositivo móbil.

Sabe compartir traballos realizados coas apps.

Coñece a plataforma na que se traballan test, compártense traballos,…

Ten dificultades en buscar as apps na rede e instalalas. No manexo das TIC, necesita axuda para compartir traballos cos seus compañeiros. Necesita axuda para traballar na plataforma.

Non sabe instalar apps no seu dispositivo móbil e non amosa ningún interese na aprendizaxe do manexo das tics, compartir documentos e traballar no aula virtual.

DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO ANUAL.

O alumno/a analiza e ten claro o traballo que se propón no enunciado, domina a app coa que vai traballar, baralla as ideas e escolle a máis óptima. Emprega o tempo de forma óptima no remate de cada actividade.

Remata cedo e engade elementos adicionais que melloran o traballo.

O alumno/a analiza e ten claro o traballo que se propón no enunciado, domina a app coa que vai traballar, baralla as ideas e escolle a máis óptima. Emprega o tempo de forma óptima no remate de cada actividade.

O alumno/a vai estruturándose o traballo a realizar, pero cumpre os prazos con dificultade cometendo erros no seu desenvolvemento.

O alumno/a, non é capaz de estruturar o traballo a desenvolver, hai partes de deixa incompletas ou sen facer.

TRABALLO EN GRUPO

O alumno/a colabora cos compañeiros/as axudándoos a atopar ideas e solucións propias para traballar coas apps.

Reparten o traballo de forma equitativa, pero á vez participan todos nel.

O alumno/a colabora cos compañeiros/as aportándolles ideas e solucións para traballar coas apps.

O alumno/a non colabora cos compañeiros/as. Non sabe traballar en grupo.

O alumno non só non colabora senón que interrompe o traballo dos compañeiros distraéndoos.

SUPERACIÓN E INQUIETUDE

Resolve os problemas que lle aparecen sen axuda e é quen de explicar as estratexias de resolución.

Aporta novas ideas e melloras nos proxectos.

Resolve os problemas que lle aparecen sen axuda ou discutindo as estratexias de resolución.

Precisa de pequenas axudas para resolver os problemas que aparecen.

Non é quen de resolver os problemas ou non o intenta.

 

Última modificación: martes, 25 de julio de 2017, 01:12