Este  proxecto está dirixido ao alumnado de Programación-Robótica de primeiro da E.S.O. Para realizar a avaliación dos mesmos elixiuse unha forma lúdica que estimule ao alumno a mellorar o seu rendemento e a aprender xogando, marcándose retos.

        Individualmente, o alumno/a ten un carné no que se van anotando as probas que vai superando. Cada vez que se supera unha proba, se consegue un BOT, que é a mascota elixida para valorar a actividade de robótica.

.

   BOT

        Cada grupo previamente ten coñecemento da rúbrica proposta para avaliar a súa actividade na aula.

        Se achegan modelos de carnés para as diferentes fases:

carne leds

carne motores

carne seguelinas

carne ultrasons

carne temperatura

carne son

carne luz

carne retos

RÚBRICA DE PROXECTOS DE ROBÓTICA

CATEGORÍA

MOI BO

BO

ACEPTABLE

NON ACEPTABLE

PROGRAMACIÓN

A resolución amosa comprensión avanzada dos bloques de programación. Emprega novos bloques de programación non explicados.

Non presenta erros.

A resolución amosa comprensión avanzada dos bloques de programación.

Non presenta erros.

A resolución amosa comprensión dos bloques de programación.

Presenta erros emendables.

A resolución amosa pouca comprensión dos bloques de programación.

Presenta erros non emendables.

VARIABLES EMPREGADAS

O alumno/a é capaz de crear unha variable, un bloque.

Utiliza adecuadamente as variables no proceso de programación.

Nomea adecuadamente ditas variables.

O alumno/a é capaz de crear unha variable.

Utiliza adecuadamente as variables no proceso de programación.

Nomea adecuadamente ditas variables.

O alumno/a é capaz de crear unha variable.

Utiliza adecuadamente as variables no proceso de programación.

O alumno/a é capaz de crear unha variable.

Non utiliza adecuadamente as variables no proceso de programación.

 

TRABALLO EN  GRUPO

O alumno/a colabora cos compañeiros/as axudándoos a atopar ideas e solucións propias para a programación do robot.

O alumno/a colabora cos compañeiros/as aportándolles ideas e solucións.

 

O alumno/a non colabora cos compañeiros/as.

O alumno/a non só non colabora senón que interrompe o traballo dos compañeiros, distraéndoos o seu grupo e a outros.

DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO

O alumno/a ten claro o problema formulado no enunciado, baralla as ideas e escolle unha solución, a constrúe e a proba.

Emprega o tempo de forma óptima no remate de cada fase.

Remata cedo e engade elementos adicionais.

O alumno/a ten claro o problema formulado no enunciado, baralla as ideas e escolle unha solución, a constrúe e a proba.

Emprega o tempo de forma óptima no remate de cada fase.

O alumno/a escolle unha solución para o problema formulado, a constrúe e a proba.

Emprega o tempo xusto no remate de cada fase.

O alumno/a non consegue a solución para o problema formulado.

Non emprega o tempo de forma óptima no remate de cada fase.

SUPERACIÓN INQUIETUDE

Resolve os problemas que lle aparecen sen axuda e é quen de explicar as estratexias de resolución e aporta novas ideas e melloras no proceso.

Resolve os problemas que lle aparecen sen axuda ou discutindo as estratexias de resolución.

Precisa de pequenas axudas para resolver os problemas que aparecen.

Non é quen de resolver os problemas ou non o intenta.

Modifié le: lundi 24 juillet 2017, 16:53