Libro _ XOGOS TRADICIONAIS
5. Os zancos
Tamén coñecido cos nomes de
“andas” ou “trécolas”, son dous
paus feitos en madeira non moi
branda e que teñen uns topes
onde se pousan os pés.
A altura dos zancos debe sobrepasar os ombros das persoas que
xogan, unha vez subidas enriba
deles. É un xogo que axuda a ir
adquirindo o sentido do equilibrio.
Na súa orixe empregábanse para pasar os regatos ou as zonas enchoupadas. Normalmente xógase en terreos amplos, nos que haberá que atravesar
un percorrido previamente indicado.
Móvense coas mans, acompañando a acción dos brazos e a das pernas,
sen perder o equilibrio.
Pódense realizar carreiras individuais, en relevos, desprazándose cara atrás
ou atravesando unha serie de obstáculos que se colocan no percorrido.
