Libro _ XOGOS TRADICIONAIS
4. As lombas

Unha persoa cómbase, agachando
a cabeza e flexionando o tronco; o
resto colócase en fila, de fronte a esa
persoa. O/a primeiro/a, á vez que salta dirá unha frase e fará un determinado tipo de movemento coas partes do
seu corpo. As frases e accións serán:
• Á unha, saltar a mula (saltar pousando só as mans).
• Ás dúas, salto e pégoche un couce
(saltar dándolle cun pé no cu).
• Ás tres, a Cruz de San Andrés (saltar e caer coas pernas abertas e
brazos en cruz).
• Ás catro, cuada que te parto (saltar
e dar co cu no lombo do/da que
apanda).
• Ás cinco, maior ou menor brinco
(saltar atrás ou diante do que indique a persoa que leva o xogo).
• Ás seis, “meis” (saltar, beliscando
no lombo).
• Ás sete, cachete (saltar, dando unha
palmada no cu a quen apanda).
• Ás oito, pan viño e biscoito (saltar,
dar co pé no cu e cuada no lombo).
• Ás nove, abre o paraugas que chove (saltar, facendo que abrimos un
paraugas).
• Ás dez, estatuas unha e outra vez
(saltar e quedar estáticos/as, sen
tocarse entre si).
