Section outline

  • Neste curso recóllense todos os materiais e recursos do Programa Aliméntate ben na modalidade Xermolón na edición 2017-18.

    Logo da primeira sesión presencial do pasado 26 de xaneiro a cargo de Dna. Ana Mª Martínez Lorente (Técnico responsable do Servizo estilos de vida saudables e educación para a saúde da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia - email: ana.maria.martinez.lorente@sergas.es), inclúese agora a información precisa para levar a cabo o traballo no Programa.

    En relación ó comentado na sesión presencial, sinalar que xa está en marcha a organización do "Congreso escolar Aliméntate ben 2018" (Resolución da Convocatoria) destinado a alumnado e centros de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional. Dado o interese amosado, indicarvos que podedes contactar para esta cuestión con Ana Mª Martínez Lorente ou con calquera das persoas que se indican no Portal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.