Proxectos

Soporte e asesoramento

Soporte e asesoramento

O mantemento do proxecto Webs Dinámicas baséase nun modelo de acompañamento continuo que recae, desde a súa orixe, nas asesorías Abalar de zona. De maneira sintetizada, este acompañamento materialízase nas seguintes tarefas: 

  • Apoio á implantación e configuración inicial das aplicacións web nos centros de cada zona, orientando o proceso de solicitude, a definición da estrutura do sitio e a organización dos contidos. 
  • Personalización de configuracións non accesibles directamente para os centros. 
  • Atención continua e resolución de dúbidas, proporcionando soporte funcional, asesoramento no uso das ferramentas e xestión de incidencias que afectan ao funcionamento diario das aplicacións do proxecto. 
  • Acompañamento no proceso de migración entre versións. 
  • Intermediación co equipo técnico do proxecto e coa rede de formación.

Non sabes cal é a asesoría do teu centro?

Consulta o mapa interactivo: elixe a zona ou preme no teu concello e verás todos os centros educativos que atende cada asesoría.

Abrir o mapa de zonas