Solucións ás situacións que poden xurdir no uso das aplicacións de WebsDinámicas.
Xeral
Solicitude da nova web en Drupal 10
A través da persoa asesora Abalar da zona ou por correo a websdinamicas@edu.xunta.gal desde a conta corporativa oficial do centro.
Contidos da web antiga (Drupal 6)
O cambio non migra os contidos: créase un sitio novo baleiro, cunha estrutura predefinida.
As dúas webs poden convivir mentres se pasan os contidos manualmente; ao rematar, o enderezo antigo redirixe automaticamente ao novo.
Configuracións non dispoñibles para o centro
A asesoría Abalar de zona pode personalizar as configuracións ás que o centro non ten acceso directo.
Web do centro (Drupal 10)
Enderezo da web do centro
Ten o formato https://centros.edu.xunta.gal/nome-do-centro e pódese consultar no buscador de centros da Consellería.
Conta de acceso á web
As contas créaas unha persoa do propio centro con permisos de administración.
Contrasinal esquecido
Coa opción «Reset your password», indicando o correo electrónico; o sistema envía unha ligazón para establecer un novo contrasinal.
Contido eliminado por erro
En Xestionar › Contido › Papeleira. Os contidos borrados elimínanse definitivamente aos 30 días.
- Editor de contido: recupera os seus propios contidos.
- Editor principal: recupera os de calquera persoa.
Non aparece a opción Galería
Hai que activala en catro sitios:
- En Xestionar › Estrutura › Menús › Administración, marcar a ligazón «Galería».
- En Xestionar › Estrutura › Taxonomía, activar «Galería».
- En Xestionar › Estrutura › Tipos de contido, activar «Galería».
- En Xestionar › Estrutura › Menús › Navegación principal, marcar as ligazóns «Galería» e «Galería-pc».
Aula virtual (Moodle)
Contrasinal esquecido
Na pantalla de acceso, «Esqueceu o seu nome de usuario ou o contrasinal?», buscando polo nome de usuario ou polo correo. O correo coa ligazón chega case ao momento e caduca aos 30 minutos.
Se non chega:
- Revisar se a caixa de entrada está chea ou o cartafol de spam.
- Se a conta non ten un correo válido asociado, contactar co centro.
Contrasinal do usuario admin
Seguir o mesmo procedemento buscando «admin» ou o correo do centro (@edu.xunta.gal ou @edu.xunta.es).
Se non funciona, contactar coa asesoría Abalar de zona ou con websdinamicas@edu.xunta.gal.
Recurso, actividade ou curso eliminado
Desde «Recycle bin», no menú de administración do curso ou da categoría, durante 7 días. Os recursos e actividades aparecen na papeleira despois da seguinte execución do cron.
Non se poden recuperar:
- Os recursos e actividades borrados ao restaurar unha copia de seguridade sobre o curso.
- Os cursos, se se borrou a categoría que os contiña.
Copias de seguridade de cursos que desaparecen
Elimínanse automaticamente aos 7 días. A persoa que creou a copia recibe un correo coa ligazón de descarga e a data de borrado, e outro de lembranza dous ou tres días antes.
Ficheiro demasiado grande para subir
Hai varios límites encadeados:
- O global da aula virtual (máximo 2 GB).
- O de cada curso.
- O xeral e o particular das tarefas (o xeral é de 1 MB por defecto, polo que normalmente hai que aumentalo).
- O dos foros.
Galería (Coppermine)
Contrasinal esquecido
Na pantalla de inicio, «Esquecín o meu contrasinal», indicando o correo; recibirase un contrasinal novo.
Erros ao subir ficheiros
En Configuración › Configuración de ficheiros pódense axustar:
- O tamaño máximo dos ficheiros.
- A anchura ou altura máxima (ou activar o redimensionado automático).
- Os tipos de ficheiro permitidos.
Usuarios sen espazo na galería
Os usuarios do grupo Registered teñen unha cota limitada; pódese ampliar en Usuarios › Grupos, indicando o novo valor en KB.