Proxectos

Características

Características Websdinámicas
  • Accesibilidade e facilidade de uso: o modelo de servizo está deseñado para que o profesorado poida xestionar e actualizar os contidos sen necesidade de coñecementos técnicos avanzados, favorecendo a autonomía do centro e a actualización regular da información. 
  • Acompañamento e soporte territorial: os centros contan co apoio do persoal asesor Abalar de zona da AMTEGA, que proporciona orientación técnica e funcional, resolve dúbidas recorrentes e facilita a posta en marcha, o mantemento e a evolución dos sitios web. 
  • Equidade dixital e homoxeneización de servizos: ofrecer un conxunto común de aplicacións web e criterios de prestación, contribúe a reducir a fenda dixital entre centros e a garantir un nivel mínimo de servizos dixitais, con independencia do contexto de cada centro. 
  • Fomento do traballo colaborativo: a existencia dun entorno tecnolóxico compartido favorece a coordinación interna nos centros (equipos, departamentos, coordinación TIC) e facilita o intercambio de boas prácticas entre centros. 
  • Actualizacións periódicas e seguridade: as aplicacións son obxecto de actualizacións regulares realizadas de forma transparente para os centros, orientadas a incorporar melloras, correccións e medidas de seguridade, garantindo a integridade e dispoñibilidade da información almacenada. 
  • Cumprimento da normativa de protección de datos: o proxecto articúlase baixo criterios de cumprimento estrito da normativa vixente, incorporando medidas organizativas e técnicas destinadas a protexer a información e a asegurar un uso responsable dos contidos publicados. 
  • Independencia tecnolóxica: todas as solucións empregadas baséanse en software libre, o que garante a autonomía tecnolóxica, a transparencia do ecosistema e evita a dependencia de provedores privativos, favorecendo unha evolución sostible e controlada do servizo.

Non sabes cal é a asesoría do teu centro?

Consulta o mapa interactivo: elixe a zona ou preme no teu concello e verás todos os centros educativos que atende cada asesoría.

Abrir o mapa de zonas