Topic 5
Section outline
-
Taxonomías en Drupal 6. Menús asociados a taxonomías. Permisos de publicación
Drupal incorpora un sistema de clasificación dos contidos publicados na web baseado en taxonomías.
Esta característica permite, ademáis de organizar o contido da web, definir os permisos de acceso a eses contidos por parte dos usuarios da plataforma, tanto usuarios rexistrados como o público en xeral.
As taxonomías están formadas por vocabularios. A súa vez, cada vocabulario contén termos organizados de xeito xerárquico. Esta xerarquización será a que nos permita realizar a clasificación dos contidos e, ademais, a organización física da nosa web asociando os termos das taxonomías a menús.