Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. drupal6edit
  3. Topic 5
  4. Creación e modificación de taxonomías. Menús asociados a taxonomías

Creación e modificación de taxonomías. Menús asociados a taxonomías

Requisitos do completado

5a. Creación e modificación de taxonomías. Menús asociados a taxonomías

Como xa vimos con anterioridade, todos os contidos almacenados no noso sitio web convírtense automaticamente en nodos, que Drupal referencia por medio dun número natural único.

O concepto de taxonomía permite categorizar os diferentes contidos (nodos) do noso sitio web con un criterio previamente establecido por un usuario con permisos de administración.

A creación/modificación/borrado das taxonomías realízase a través do menú Administrar > Administración do contido > Taxonomía.

Coa configuración inicial do sitio web que se proporciona aos centros educativos, todos as taxonomías están asociadas a un menú co mesmo nome que a taxonomía. Este aspecto, nome do menú asociado a unha taxonomía co mesmo nome, é moi recomendable para facilitar o mantemento do noso sitio web con claridade.
Para cada vocabulario de taxonomía poden engadirse varios termos que, ao estar asociados a un menú, convírtense automaticamente en termos de dito menú nos que os diferentes usuarios poderán publicar determinados tipos de contidos sempre e cando conten cos permisos correspondentes (os permisos establécense por roles).

a) Engadir un termo a unha taxonomía xa creada

Engadirase un novo termo a un vocabulario de taxonomía xa creado.

Os pasos a seguir serían os seguintes:
    1. Como usuario admin, Administrar > Administración do contido > Taxonomía
    2. Seleccionar "Lista de termos" no vocabulario "Alumnado". (Comprobar que coinciden cos termos do menú "Alumnado").
    3. Engadir o termo "Competicións".
    4. Gardar os cambios e comprobar que xa é visible automaticamente o novo termo como submenú no menú Alumnado.

b) Poñer o termo engadido como terceiro termo de menú

Os pasos a seguir serían os seguintes:
    1. Como usuario admin, Administrar > Construción do sitio > Menús
    2. Seleccionar o menú "Alumnado"
    3. Arrastrar por medio das frechas o termo "Competicións" creado anteriormente ata o terceiro lugar nos submenús.
    4. Gardar a configuración e observar que agora Competicións figura en terceiro lugar no menú Alumnado.

c) Modificar o nome dunha taxonomía e do seu menú asociado

Os pasos a seguir serían os seguintes:
    1. Como usuario admin, Administrar > Administración do contido > Taxonomía
    2. Seleccionar o vocabulario "Revista Escolar" e facer click en "Editar Vocabulario".
      • Cambiar o nome a "Publicacións".
      • Observar os diferentes tipos de contido permitidos para esta taxonomía.
      • Observar a opción "Menu Location", que especifica o menú asociado a esta taxonomía. Cambiar o nome da taxonomía non cambia o nome do menú, polo que se deberá editar o menú correspondente e actualizar o nome. Por claridade para o futuro mantemento do sitio web, é moi recomendable que os menús asociados a taxonomías teñan o mesmo nome que as mesmas, aínda que non é estritamente necesario.
    3. Na ruta Administrar > Construción do sitio > Menús, editar o menú "Revista Escolar" e substituír por "Publicacións"
    4. Gardar a configuración e comprobar o resultado.

SUXERENCIA: En xeral, en caso de taxonomías existentes pero non empregadas no noso sitio web, pódese proceder  de dous xeitos diferentes:

    1. Manter a taxonomía e o menú asociado desactivando simplemente o bloque que amosa o menú, levándoo a rexión de "Desactivados".
    2. Borrar a taxonomía e o seu menú asociado. Neste caso, os posibles contidos publicados en dita taxonomía non se perden: simplemente quedan non asociados á taxonomía eliminada.

d) Creación dunha nova taxonomía e do menú asociado

Os pasos a seguir serían os seguintes:
    1. Como usuario admin, seleccionar "Engadir Menú" en Administrar > Construción do sitio > Menús
      • Nome do menú: nome que empregará Drupal para identificar o menú a nivel interno: comedor-escolar
      • Título: Texto que se amosará ao usuario: Comedor escolar
    2. Como usuario admin, Administrar > Administración do contido > Taxonomía
    3. Facer click en "Engadir vocabulario".
      • Nome do vocabulario: "Comedor escolar".
      • Pódese especificar unha descrición opcional.
    4. Marcar os tipos de contido que se van permitir publicar nesta categoría: no noso caso, "evento" e "páxina".
    5. Deixar "Axustes" coas configuracións por defecto.
    6. En "Menú Location", seleccionar o título do menú creado no primeiro punto: <Comedor escolar>.
    7. En Opcións, deixar as opcións por defecto agás "Add item for vocabulary", que convén desmarcar para que non apareza posteriormente o nome da taxonomía no menú.
    8. Gardar.
    9. Seleccionar "Lista de termos" para o novo vocabulario creado e engadir os seguintes termos:
      • Menús.
      • Información e prezos.
    10. O último paso sería facer visible o bloque na rexión desexada da nosa páxina en Administrar > Construción da páxina > Bloques
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle